sábado, 27 de junio de 2020

Pequeolimpiadas 2020!! 🚴🏻‍♀️🏃🏻‍♀️🤹🏻‍♂️

Ola a todos e a todas!! 😃

Este curso foi un pouco diferente aos demais, pois tivemos que aprender dende as nosas casas. Pero tal e como vedes no blog, en Educación Física continuamos realizando e aprendendo moitas cousas, ademais de gozar de miles de actividades súper divertidas. 

Por iso, quixemos poñerlle final dunha forma moi orixinal, celebrando as Pequeolimpiadas, en honra ao deporte e a todos aquel@s deportistas que tiveron que prescindir de gozar dunha das competicións deportivas máis importantes do mundo. 

Para elo, os nosos nenos/as crearon as súas "Pequeolimpiadas 2020". Cada un deles coa súa esencia e toque persoal, pero todos con moita ilusión e agarimo. 

Ollade, que ides a quedar abraiados coas composicións que nos enviaron 🧐😜. 




Por un lado temos a Yoel, que tivo a sorte de contar coa axuda de Tiago para facer as probas das súas Pequeolimpiadas.




Gala e Leo revolucionaron o Grove e montaron os seus propios xogos olímpicos na rúa.




Yago mobilizou a toda a familia, incluso a Lola, e entre todos crearon uns super xogos olímpicos.




Alba puxo a toda a familia a facer deporte e entre todos montaron unhas pedazo de olimpíadas. 



Juan tamén tivo a sorte de contar cun acompañante e competiu contra Manu. Creo... que quedaron empatados 🤔😂.





Gabriel, que é moi pillo, optou por aproveitar a praia para facer estas súper olimpíadas. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario