viernes, 20 de mayo de 2022

Marisco marisquiño, no Grove atoparás o mellor camiño 🦀

Ola a todos e a todas!! 🤗🤗

Durante o curso 2021/2022, e logo dun ano de parón por mor da pandemia, iniciamos un novo proxecto dende a área de Educación Física para participar no Plan Proxecta. 

Así, tal e como reflexa o título, vai consistir na realización de diferentes rutas polo Grove facendo unha similitude do Camiño de Santiago, pois as nosas nenas/os selarán en cada unha delas a súa propia credencial. Con isto pretendemos fomentar no noso alumnado hábitos de vida saudable contribuíndo, dende a nosa área, a aportar ese pequeno gran de area para fomentar a adherencia a ese estilo de vida saudable. Ademais, promoverase o coñecemento de diferentes recunchos do noso pobo e o desfrute das actividades en contacto co medio natural. 

En dito proxecto están implicados todo o profesorado e alumnado do Rosalía, que traballa tamén obxectivos comúns dende as áreas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. 

Estamos moi motivados e ilusionados por poder encamiñarnos nesta andaina así que, benvidos de novo ao blog! Desfrutade e empapádevos de todo o que poidades aprender deste proxecto tal e como imos a facelo nós. Traballando en equipo e seguindo todos o camiño na mesma dirección imos conseguir moitos dos obxectivos propostos a longo prazo. Será divertido e gratificante para todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario