martes, 2 de junio de 2020

Creamos xogos na casa 🎳🎯🏓

Ola a todos e a todas!! 🤗

Durante estes días tamén creamos os nosos propios xogos con material de refugallo, cos que nos divertimos tanto creando como despois xogando con eles. Ademais, quedaron todos xenial, pois encargástesvos de decoralos e deixalos todos moi bonitos. 

Mirade este vídeo e xa veredes que ben o fixestes 😜🤩. 




Valeria preparou un osiño moi molón para encestar os seus aros. Mirade que chulo 😉. 




Yoel enviounos un vídeo mostrándonos como montaba o seu xogo de encestar a pelota, que por certo, ese vaso non puido quedar máis molón, decorouno súper bonito. E como xa esperábamos, mirade que ben o pasa 😜. 



Alba e Andrea traballaron un montón pero tamén se divertiron moito cos xogos de Educación Física. Fixeron case todas as propostas: discos voadores, as palas para xogar con globos, os vasos para encestar as pelotas... e máis cousas das que temos fotos no primeiro vídeo 😀. 








Juan tamén construíu o xogo do vaso e que ben o pasou xogando con el 😁. 



Carmen elaborou varios dos xogos que enviou a profe pero, ademais, creou un xogo novo con materia de refugallo. Ollade que chulo lle quedou 👀. 





Carla ensínanos canto practicou e que ben lle saen todos os xogos. Mirade o seu vídeo 😉.


Por último temos a Brais e Xabi, que traballaron un montón durante o confinamento e tamén elaboraron todos os xogos. Ademais todos son moi orixinais. Mirade todo o que crearon con papi e mami 🤗. 










Pero ademais de xogar aos xogos como lle explicaron, Xabi quería máis e inventou algunha variante. Mirade o seguinte vídeo 😜. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario