viernes, 5 de junio de 2020

O noso ficheiro de xogos 📒🪁🎳🏀

Ola a todos e a todas!! 😄

Na publicación anterior mostrámosvos os xogos que os nenos/as crearon con material de refugallo nas súas casas. Pero, eses eran propostos pola profe Cris, polo que lles pedimos que deixasen voar a súa imaxinación e crearan os seus propios. Ademais diso, cubriron unha ficha cos datos de ditos xogos, pois así todos e todas teríamos acceso a eles e aprenderíamos novos recursos cos que divertirnos durante estes días. Ah!! e tamén imos crear o noso libro de xogos coa volta ao cole en setembro. Quedará na biblioteca e todos poderán velos cando desexen ou, incluso, poderemos realizalos nos patios dinámicos. 

Aquí vos deixamos unha mostra cos xogos que recibimos ata o momento. Que vos parece?

Sara inventou un xogo súper chulo, ata creou un taboleiro. Para a elaboración das normas, contou, como no, coa súa súper amiga Sabela 🥰😊. 






Sabela tamén fixo un xogo moi chulo e cun taboleiro moi currado. Mirade que bonito lle quedou 😍. 

¡



E mirade como lles creceron os pés a Brais e a Xabi 👣😜.











Alba, JuanBreixo e Ana tamén inventaron uns xogos súper chulos. Todos os imos a usar en Educación Física e nos patios dinámicos cando nos deixen volver ao cole 😊.







No hay comentarios:

Publicar un comentario