viernes, 5 de junio de 2020

Danzamos polo mundo 💃🏻🕺🏻😄

Ola a todos e a todas!! 😁😁

Nós xa sabíamos que no estado de alarma non se podía viaxar pero tiñamos tantas ganas de recorrer diferentes recunchos do mundo que decidimos facelo dende as nosas casas. Como? Bailando danzas de diferentes países. 

Aos nosos peques encántalles bailar. Mirade como aprenderon os pasos das danzas 😄.




Juan decidiuse pola danza dos 7 pasos (Dinamarca) e polo que me contou un paxariño tivo un súper axudante que xa aprendeu a danza o curso pasado 😜



Ao igual ca Juan, Brais e Xabi tamén se decantaron pola danza dos 7 pasos (Dinamarca). A Xabi parece que se lle complicou un pouco pero, o que non poden negar, é que o pasaron xenial 😃. 




Carmen e Natalia inventaron o seu propio baile e aquí amósannos unha parte 😀.




Carmen non se cansa de bailar e continúan chegándonos vídeos de danzas 😁. Envíanos un anaco de varias danzas diferentes e cun gran compañeiro 🐻😜.




No hay comentarios:

Publicar un comentario