Ola
a todos e a todas!! 😊
A profe Cris estaba cargando moito a estes meniños e
meniñas de traballo así que, decidiu darlles un pequeno descanso 😜. Como tarefas para unha semana envioulles uns vídeos de relaxación guiada,
na que simplemente tiñan que deitarse, pechar os ollos e relaxarse, seguindo
sinxelas ordes que os audios lles ían indicando.
Polo que nos contaron as familias foi unha actividade
súper interesante e relaxante.
Deixámosvos algunhas fotos e vídeos. Pero que saibades
que non están a durmir eh!! Simplemente están moi, pero que moi,
relaxados 💆🏻🧘🏻😴.
Polo que me dixo mamá, a Gael
gustáronlle moito os vídeos de relaxación guiada pero, como el coñece uns moi
chulos, decidiu enviarnos tamén unha mostra deles para que os viramos por
aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario